Vacaciones de Navidad

FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE-VACACIÓNS DE NADAL

    Estimadas familias:

Antes de iniciar as vacacións do Nadal, trasladámosvos as seguintes informacións de datas que son de interese:
- As vacacións de Nadal comezan o día 21 venres. Esa tarde non haberá clase para os nenos e nenas de Infantil e Primaria, polo que poderán ser recollidos na saída ordinaria da mañá ou despois do comedor e antes das 15:30h. Os alumnos da ESO finalizarán a xornada escolar as 13:00h, a súa saída será de forma gradual en intervalos de 10 minutos, sendo as primeiras as clases de 4º ESO e as últimas as de 1º ESO .
- Tampouco haberá actividades extraescolares nesa tarde, manténdose as da mañá de xeito ordinario.
- O venres 21 entregaranse as cualificacións da primeira avaliación en todas as etapas educativas.
- O regreso das vacacións está fixado pola Consellería de Educación e Cultura para o día 8 de xaneiro no horario habitual.

Que esta comunicación tamén exprese o noso desexo dun Nadal cheo de Paz e un Feliz Ano Novo para todas as nosas familias.

O Equipo Directivo.